Na última semana fixemos tres exposicións orais sobre todo o que aprendimos de Viki Rivadulla. Ás dúas primeiras acudiu todo o alumnado do colexio e os mestres. Na última tivemos un público máis cercano: as nosas familias; Carmen, a antiga conserxe; e a propia Viki.
Ó remate da exposición, Viki adicounos unhas palabras e sorprendeunos cun agasallo: unha lámina pintada por ela cunha dedicatoria persoal para o colexio.
Logo viñeron os parabéns e a despedida.
Alegrámonos moito de ter compartido esta actividade con Viki e agradecémoslle de corazón o agasallo que nos trouxo.
Aquí deixamos a nosa exposición:
No hay comentarios:
Publicar un comentario