sábado, 13 de abril de 2019

Exposición oral sobre Viki Rivadulla

Na última semana fixemos tres exposicións orais sobre todo o que aprendimos de Viki Rivadulla. Ás dúas primeiras acudiu todo o alumnado do colexio e os mestres. Na última tivemos un público máis cercano: as nosas familias; Carmen, a antiga conserxe; e a propia Viki.

Ó remate da exposición, Viki adicounos unhas palabras e sorprendeunos cun agasallo: unha lámina pintada por ela cunha dedicatoria persoal para o colexio.


Logo viñeron os parabéns e a despedida.

Alegrámonos moito de ter compartido esta actividade con Viki e agradecémoslle de corazón o agasallo que nos trouxo.

Aquí deixamos a nosa exposición:

Obradoiro de educación vial con perspectiva de xénero

O xoves 9 de maio visitounos Alejandro, un dos Policías Locais do Concello de Muxía. Veunos dar unha charla sobre educación vial cun en...