Na tarde do 25 de abril visitounos Olga, unha nutricionista máis coñecida como "Elena Berenjena". Esta gran científica nomeounos axudantes de laboratorio e, xunto con ela, fomos sacando todo o azucre dos alimentos para aprender a controlar a súa inxesta. Mirade que ben resultou:
Unha vez que rematou a xornada de clase, continuou o obradoiro cos mestres e coas familias que quixeron achegarse ó colexio para escoitar os consellos que apuntou Olga sobre o consumo de azucre e a lectura das etiquetas dos alimentos envasados. Aquí están todos moi atentos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario