Hai uns meses o alumnado de 5º EP do CEIP Pérez Viondi da Estrada explicábanos por videoconferencia como era o seu entroido tradicional. Agora tocounos a nós amosarlles algo típico do noso entorno e, aproveitando o tema que estamos desenvolvendo neste curso (A muller na historia), pareceunos boa idea facerlles unha presentación sobre Viki Rivadulla como muller comprometida pola defensa da igualdade de xéneros; como técnica de cultura do concello; e como pintora, escultora e artesá que reflicte nas súas obras a riqueza natural do noso contorno: o mar, as lendas, os traballos...


No hay comentarios:
Publicar un comentario