viernes, 17 de mayo de 2019

Obradoiro de educación vial con perspectiva de xénero

O xoves 9 de maio visitounos Alejandro, un dos Policías Locais do Concello de Muxía.
Veunos dar unha charla sobre educación vial cun enfoque diferente doutras veces. Nesta ocasión foi tratado cunha perspectiva de xénero.
Esta actividade estivo organizada polo CIM do Concello. Aquí deixamos algunhas imaxes:









Preparando o mural das Letras Galegas

sábado, 11 de mayo de 2019

Videoconferencia co CEIP Pérez Viondi

Hai uns meses o alumnado de 5º EP do CEIP Pérez Viondi da Estrada explicábanos por videoconferencia como era o seu entroido tradicional. Agora tocounos a nós amosarlles algo típico do noso entorno e, aproveitando o tema que estamos desenvolvendo neste curso (A muller na historia), pareceunos boa idea facerlles unha presentación sobre Viki Rivadulla como muller comprometida pola defensa da igualdade de xéneros; como técnica de cultura do concello; e como pintora, escultora e artesá que reflicte nas súas obras a riqueza natural do noso contorno: o mar, as lendas, os traballos...

 





 





PROXECTO HORTUXA: obradoiro de alimentación saudable

Na tarde do 25 de abril visitounos Olga, unha nutricionista máis coñecida como "Elena Berenjena". Esta gran científica nomeounos axudantes de laboratorio e, xunto con ela, fomos sacando todo o azucre dos alimentos para aprender a controlar a súa inxesta. Mirade que ben resultou:

  
 
 
 




























Unha vez que rematou a xornada de clase, continuou o obradoiro cos mestres e coas familias que quixeron achegarse ó colexio para escoitar os consellos que apuntou Olga sobre o consumo de azucre e a lectura das etiquetas dos alimentos envasados. Aquí están todos moi atentos:




Obradoiro de educación vial con perspectiva de xénero

O xoves 9 de maio visitounos Alejandro, un dos Policías Locais do Concello de Muxía. Veunos dar unha charla sobre educación vial cun en...