domingo, 31 de marzo de 2019

Entrevistamos a Viki Rivadulla


     Continuando coa nosa tarefa de investigación sobre a vida de Viki Rivadulla, tivemos a oportunidade de entrevistala no colexio.




Fixémoslle preguntas relacionadas con distintas facetas da súa vida: como pintora, escultora e artesá; como técnica de cultura; como muller...



Contestounos con infinita paciencia dándonos unha información moi valiosa que nos axudou a coñecela moito mellor. Pasamos unha tarde inesquecible.






Finalmente agasallounos con autógrafos individualizados. Moitas grazas, Viki! 




Deixamos aquí un anaco de entrevista:                                                                       

sábado, 30 de marzo de 2019

Día da poesía

 

 

 
Para celebrar o día da Poesía, escribimos entre todos un poema sobre Viki Rivadulla, titulado "Mans de artesá". No Festival de Poesía "Versos de muller", recitámolo, e logo colocámolo no mural do corredor da biblioteca


Videoconferencia co CEIP Pérez Viondi da Estrada

Nos días de entroido, e grazas á colaboración de María, a mestra de inglés, poidemos realizar unha videoconferencia co CEIP Pérez Viondi da Estrada.

O alumnado de 5º EP fíxonos unha exposición sobre o seu entroido tradicional: Os Xenerais do Ulla.

domingo, 3 de marzo de 2019

Proxecto hortuxa: Pintando o muro

Imos de entroido: As peixeiras

Neste entroido decidimos disfrazarnos de peixeiras, igual que o cadro de Viki Rivadulla: "A peixeira".

Ademais de preparar unha buguina para a cabeza, elaboramos uns mandiles de cor vermella.


               




Para crear ambiente, durante toda a semana fumos poñendo algún complemento como... un sombreiro!



E despois de moito ensaio, as nosas coplas de entroido. Escoita:


Día de Rosalía

Obradoiro de educación vial con perspectiva de xénero

O xoves 9 de maio visitounos Alejandro, un dos Policías Locais do Concello de Muxía. Veunos dar unha charla sobre educación vial cun en...